Un deputado do PP defende no Parlamento galego o acordo con Vox en Andalucía porque "acabou coa corrupción" do PSOE

O deputado do Partido Popular da Galiza Alberto Pazos Couñago defendeu o pacto acadado polos populares en Andalucía con Vox porque "axudou a acabar coa corrupción sistémica" do PSOE.

Pazos Couñago(Parlamento)
photo_camera Pazos Couñago (Parlamento)

O deputado do Partido Popular de Galiza Alberto Pazos Couñago defendeu o pacto alcanzado polos populares en Andalucía con Vox porque "axudou a acabar coa corrupción sistémica" do PSOE.

Couñago pronunciou estas palabras durante o debate dunha iniciativa na sesión plenaria que acolleu o Parlamento da Galiza. Unha proposición non de lei proposta do grupo mixto solicitaba  que a Cámara se posicionase contra a organización de eventos deportivos en países onde se violan os dereitos das mulleres.

"Atrévense a criticar o pacto con Vox, que axudou acabar coa corrupción sistémica do PSOE. Son os mesmos que buscan un pacto co señor (Arnaldo) Otegi ou cos independentistas condenados por sedición", dixo Pazos Couñago durante o seu intervención no debate da proposta, aprobada finalmente por unanimidade após introducir unha emenda do Grupo Socialista.

Comentarios