luns 24.02.2020

Deputado do PP galego afirma que a liberación dun violador reincidente “é unha boa nova para os comunistas”

O parlamentar na Cámara galega Javier Dorado carga nas redes sociais contra a sentenza do Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos que tomba a Doutrina Parot. 

Deputado do PP galego afirma que a liberación dun violador reincidente “é unha boa nova para os comunistas”

Javier Dorado Soto (Vigo, 1988) é deputado do Partido Popular no Parlamento galego, así como presidente de Novas Xeracións de Galiza. Na súa conta de twitter (@JaviDorado) escribiu textualmente (en español): “Un violador reincidente con 200 anos de condena liberado pola sentenza do TEDH. Unha desas bos novas para os comunistas”. Un chío que xa xerou a súa polémica nas redes sociais.

Desde que esta segunda feira o Tribunal de Estrasburgo fallase contra o Estado español, o PP posicionouse en contra da mesma, criticando abertamente a sentenza. Este partido, que sostén o Goberno de España, asistirá o domingo á manifestación convocada pola Asociación de Víctimas do Terrorismo (AVT) sob o lema “Xustiza para un final con vencedores e vencidos”. Os convocantes da protesta, que tamén conta co apoio de UpyD, teñen se manifestado publicamente nestes díasa prol de que o Estado español abandone o convenio internacional dos Dereitos Humanos para non ter así que aplicar o fallo de Estrasburgo.


 

comentarios