AGE, CUARTA FORZA NA CáMARA

A deputada que substituirá Yolanda Díaz inscribirase no Grupo Mixto

Mónica Fernández está vencellada a Cerna, escisión de Anova. AGE pasaría así a ter 6 deputados e ser cuarta forza no Parlamento.

A deputada que vai sustituír Yolanda Díaz no Parlamento de Galiza, após a marcha da até agora vice-portavoz de AGE ao Congreso español, non vai facer parte da Alternativa Galega de Esquerdas, senón que se inscribirá no Grupo Mixto. Mónica Fernández segue así o camiño de Carmen Iglesias e Chelo Martínez. AGE, que obtivo 9 deputados nas eleccións de 2011, fica con 6 escanos e pasa ser cuarta forza política, por detrás do BNG.

Segundo afirma Europa Press de fontes consultadas do Parlamento de Galiza, a Cámara xa ten a información da xunta electoral sobre a persoa a quen lle corresponde asumir a súa acta de deputada pola Coruña e substituír Díaz, elexida congresista na lista de En Marea o pasado 20-D. Segundo EP, Mónica Fernández pasará ao Grupo Mixto. AGE fica así con 6 deputados: 4 de Esquerda Unida e 2 de Anova.

Comentarios