A Deputación da Coruña reclama ao Goberno a devolución a Galiza da débeda polo IVE

Ademais, o pleno aproba reclamar á Xunta a débeda polo financiamento da Orquestra Sinfónica da Galiza e unha moción para demandar a mellora da sanidade pública xunto co cese da política de desmantelamento e peche de servizos nos hospitais da área

EuropaPress_2625091_Pleno_de_la_Diputación_de_A_Coruña
photo_camera Vista do pleno da Deputación da Coruña (Foto: Europa Press)

A Deputación da Coruña instará ao goberno do Estado a facer efectivo o ingreso das contías do importe sobre o IVE non liquidadas, correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do Sistema de Información Inmediata e a convocar ao Consello de Política Fiscal e Financeira, incluíndo na Orde do Día un punto específico para abordar a aplicación dos incentivos polo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.

O ente provincial tamén se dirixirá á Xunta para que faga efectivas as cantidades adebedadas ao Consorcio da Promoción da Música para o funcionamento da Orquestra Sinfónica de Galicia desde o ano 2011 ata o actual -case oito millóns de euros- e a manter o investimento previsto segundo o convenio subscrito co Concello da Coruña en 2004 no orzamento de 2020, despois de se aprobar unha moción presentada por Marea Atlántica que contou cos votos de todos os grupos presentes no pleno agás o PP.

Ademais, o pleno da Deputación da Coruña aprobou, cos votos a favor de todos os grupos políticos menos o PP, unha moción presentada polo PSG-PSOE e o BNG que demanda a mellora da sanidade pública xunto co cese da política de desmantelamento e peche de servizos nos hospitais da área.

Comentarios