A deputación de Pontevedra atribúe á "mala xestión de Louzán" a perda de millóns de euros de fondos europeos

A entidade provincial pide ao PP explicacións da súa xestión nestes anos.

Louzán, presidente Deputación Pontevedra
photo_camera Louzán, presidente Deputación Pontevedra

A deputación de Pontevedra perdeu 10 millóns de euros de fondos europeos por mor da “mala xestión do anterior presidente, Rafel Louzán”. Quen fai esta denuncia é Carlos López, responsábel de Economía da entidade provincial, e que compareceu ante a prensa para informar das auditorías que o Ministerio de Facenda fai sobre os fondos europeos xestionados pola Deputación nos programas Deputrans (instalat 35 depuradoras) e Depogap (mellora servizos públicos).

O Ministerio exice a devolución de 3.600.000 euros do proxecto Deputrans ao tempo que pide que non se lle paguen á Deputación 6.155.000 euros correspondentes ao Depogab e que xa se gastaron e pagaron aos contratistas. López fala de “prexuízo grave” á Deputación e exixiu do PP “responsabilidade pola súa xestión” á fronte desta entidade. Nomeadamente, instou Rafael Louzán a que dea explicacións, afirmando que “non pode seguir un minuto máis” cobrando un salario da Deputación como asesor do PP.

O proxecto Deputrans pretendía a instalación de 35 depuradoras en cocnellos da conca do Miño e tiña un financiamento do 75% con fondos FEDER. O proxecto foi investigado pola Oficina europea de loita contra a fraude, que xa en 2013 advertiu de irregularidades. No que atinxe a Depogap, Facenda indica que dos 8.800.000 euros do orzamento do proxecto só se xustificaron 1.500.000, é dicir só o 17% do total.

Comentarios