Denuncian que un alto cargo utiliza medios e posto na Xunta para unha actividade económica particular

A Xunta de Persoal dos Servizos Centrais puxo os feitos en coñecemento de Función Pública e a Secretaría Xeral de Facenda. Ao non obter resposta, informaron ao Parlamento. 

San Caetano, sé da Xunta
photo_camera San Caetano, sé da Xunta

A Xunta de Persoal de Servizos Centrais da Xunta denuncian públicamente nun comunicado o “comportamento irregular dun funcionario que ocupa un cargo de subdirector na Consellaría de Facenda”.

Os representantes d@s traballador@s afirman que dito funcionario “utilizou os medios propios da Xunta e o seu cargo para unha actividade económica particular”. Os feitos, indican, foron postos en coñecemento tanto de Función Pública como da Secretaría Xeral de Facenda “para tratar de obter unha solución satisfactoria e, non habendoa, despois ao Parlamento”.

Oposicións

Ditas actuacións consistían fundamentalmente, denuncia a Xunta de Persoal, en publicitar a preparación de oposicións de promoción interna ao Subgrupo A2, mediante o envío de “mails” masivos a correos corporativos de traballadores da Xunta (convenientemente preseleccionados) en horario laboral e identificándose o preparador como Alto Cargo da Xunta de Galicia (concretamente como subdirector xeral do Tesouro) e facendo referencia indirecta a outros altos cargos que tamén colaborarían en dito cometido.

Nos mails facíase referencia ao prezo das clases, horarios e temarios. Ademais incorporábase a publicidade da academia e unha folla de inscrición na mesma.

Comentarios