Democracia Ourensana denuncia o PP por exhibición de “propaganda eleitoral” nos colexios

Segundo afirma DO, a Xunta Eleitoral tería comunicado ás persoas que presiden as mesas que ordenen aos interventores do PP a retirada de calquer material de propaganda.

Baltar
photo_camera Ana Pastor, Baltar pai, Feijóo e Rajoy

DO -formación á que algúns inquéritos non publicados dan opción de representación pola provincia de Ourense- denunciou o Partido Popular face a Xunta Eleitoral por exhibición de “propaganda eleitoral” nos colexios.

En concreto, reférese aos portafolios que levaban as e os interventores do PP en que aparecerían retratados o rosto de Feijóo e o slogan de campaña.

Nalgunhas das mesas, e requeridos a tal efeito polos presidentes, as e os interventores do PP negáronse en primeira instancia a retirar estes soportes publicitarios, sempre segundo DO. Tivérono que facer finalmente ao chegar a orde da Xunta Eleitoral.

Comentarios