Demite a xunta de goberno local de Compostela

Os 7 concelleiros condeados a 9 anos de inhabilitación acordaron a decisión após se reunir coa dirección do PPdeG.

pokemon

Os 7 concelleiros do PP de Compostela que foron condeados a 9 anos de inhabilitación para exercicio de cargo público por prevaricación demitiron na tarde desta segunda feira, horas despois de se coñecer a sentenza xudicial. A decisión fpoi adoptada após unha xuntanza de máis de 2 horas coa dirección autonómica d partido Popular. Os edís declararon, á saída desa reunión, que son inocentes e anunciaron que van recorrer a decisión xudicial.

María Pardo, que actuou como voceira destes 7 edís, cualificou de "inxusta e desproporcionada" a sentenza e foi ela quen informou da demisión da xunta de goberno local, mais non especificou que pasos se van dar agora, remitíndose a unha comparecencia esta terza feira.

A Sala do Penal número 1 dos Xulgados de Santiago de Compostela ditou sentenza esta segunda feira (2 de xuño) en relación co proceso xudicial aberto contra a Xunta de Goberno municipal. O xuíz Jesús Leal, condena a 9 anos de inhabilitación a 7 d@s concelleir@s que acordaron nunha xuntanza extraordinaria pagar con fondos públicos a defensa de Adrián Varela, ex-responsábel da área de deportes, imputado na Operación Pokemon.

Con esta demisión son xa 10 os concelleiros demitidos na capital de Galiza en pouco máis de 26 meses. E fican dous imputados (un deles, o propio alcalde). 

Comentarios