Por un caso de evasión fiscal

Demite o fiscal xefe anticorrupción

Múltiples escándalos e inxerencias inzan os seus tres meses no cargo.

Moix cadena ser
photo_camera Imaxe da Cadena ser

Manuel Moix demitiu esta quinta feira como fiscal anti-corrupción. A nova de que era propietario de 25 por cento dunha sociedade nun paraíso fiscal como Panamá foi a pinga que obrigou Moix a tirar a toalla e deixar o cargo. O fiscal xeral do Estado, José Manuel Maza, destacou que nesta cuestión “non existiu ningún tipo de ilegalidade ni irregularidade, nin sequera incompatibilidade” por ser titular de accións dunha sociedade patrimonial.

O até agora titular da Fiscalía Anticorrupción xa estaba en entredito por outras cuestións. Nunha conversa gravada durante as investigacións do Caso Lezo, Eduardo Zaplana e Ignacio González estaban desexosos de que Moix fose nomeado fiscal anticorrupción. Tamén se acusou Moix de querer frear presuntamente as pesquisas desta trama de corrupción do goberno do PP de Madrid na Canle Isabel II.

Tanto o ministro Catalá como o presidente Rajoy apoiaron Moix nun primeiro momento. Mais as últimas novas situárono nunha situación máis que difícil e o goberno retiroulle o apoio.

Comentarios