Demite o alcalde de Boimorto após 9 meses da moción de censura

Segundo recolle Europa Press a decisión tería a ver cunha investigación por suposta estafa.

Gonzalo
photo_camera Gonzalo Concheiro [Imaxe Concello de Boimorto]

Esta quinta feira (12 de maio) presentou a súa demisión Gonzalo Concheiro, alcalde de Boimorto após a moción de censura presentada polo Partido Popular e o candidato do PSOE, José Balado, en agosto de 2015

Na altura, o acordo de goberno alcanzado polo PSdeG e BNG e do que saíu eleito alcalde Xosé Luís Rivas, Mini, durou menos de tres meses. Unha "operación mafiosa", en verbas do ex-alcalde. 

A decisión de Gonzalo Concheiro tería podería ter a ver cunha investigación por presunta estafa na que xa prestou declaración

Segundo comunicou a dirección do PP na Coruña a decisión tería sido por "motivos persoais" porén, fontes recollidas pola axencia de noticias Europa Press apuntan a unha investigación en curso por presunta estafa vencellada a unha empresa aseguradora e accidentes de tráfico pola que xa tería prestado declaración. 

Gonzalo Concheiro é médico de profesión e, para alén de alcalde, combinaba as súas funcións na sanidade pública e na privada. 

En total, Concheiro estivo no cargo de rexedor apenas 9 meses. Agora será substituído pola número dous da candidatura María Jesús Novo da man de quen, di a dirección do PP da Coruña, a "estabilidade do goberno local está garantida". 

Comentarios