Defensa da sanidade e reactivación da economía: prioridades do BNG no novo Parlamento

Primeira xuntanza na Cámara dos 19 deputados e deputadas nacionalistas elixidos o pasado 12 de xullo.

BNG grupo parlamentar arxina
photo_camera Os 19 deputados e deputadas do BNG ás portas do Parlamento da Galiza (Foto: Arxina)

O grupo parlamentar do BNG celebrou esta terza feira  a súa primeira reunión nun encontro presidido pola portavoz nacional, Ana Pontón, e no que se deseñou o roteiro para os vindeiros meses na Cámara galega, marcados polo compromiso de dar voz e propor solucións para as necesidades e demandas da sociedade galega.

Pontón aproveitou esta cita para deixar clara a folla de ruta do BNG no Parlamento: “Traballar no importante: darlle solucións aos galegos e as galegas preocupadas pola crise sanitaria da Covid-19 e pola crise económica, cun obxectivo moi claro, erguer Galiza no ámbito sanitario e no ámbito económico”.

Con ese obxectivo, avanzou as primeiras propostas do Bloque mesa liña. Así, a formación nacionalista pon sobre a mesa un plan de reforzo da atención primaria. “Hai que dotar de medios á sanidade pública para poder facer o rastrexo de casos porque estamos vendo que os rebrotes son unha realidade que vai a máis e temos que ter medios”, explicou.

En relación a reactivación económica Pontón considera vital que Galiza reciba a parte que lle corresponde do fondo europeo de rescate Covid-19 dotado con 140.000 millóns de euros, “sen agravios nin discriminacións, e para iso, man tendida para lograr un acordo de país”.

“É unha cuestión crucial e temos que ter unha posición de país para afrontar ese debate porque non podemos permitir que nós recorten os fondos de cohesión, os fondos da PAC, os fondos de transición enerxética sen ter ningún tipo de compensación. É urxente que haxa unha posición de país que evite calquera tipo de discriminación na distribución dese fondo europeo de rescate e debemos ter un acordo que nós permita preservar os nosos intereses”, explicou.

Oposición en clave de país

“O BNG vai facer unha oposición rigorosa, a pé de rúa porque é máis importante que nunca que a política se poña ao servizo da cidadanía preocupada polo que pasa coa súa saúde, o seu emprego e co seu futuro”, sintetizou Pontón, “

Comentarios