O novo presidente toma posesión nun acto sen símbolos relixiosos

O BNG ponlle deberes a Pedro Sánchez

Pouco demorou o Bloque en compor unha sorte de "axenda galega" de demandas ao novo inquilino da Moncloa.

schez
photo_camera Toma de posesión de Sánchez perante o chefe do estado, e con Raxoi presente [Foto: A Moncloa]

O Bloque resumiu en cinco pontos a axenda galega a tratar polo novo goberno español, o constituído após a moción de censura que esta sexta feira puxo fin -co contributo decisivo das forzas soberanistas vascas e catalás- á estancia de Raxoi na Moncloa.

A primeira demanda do Bloque a Pedro Sánchez é o recoñecimento de Galiza como nación. A formación nacionalista mostrou a súa preocupación nas últimas horas pola ausencia de Galiza no debate, moi marcado pola cuestión nacional, mais só en relación con Euskadi e Catalunya. A transferencia da AP-9 e o fin das "abusivas" peaxes, a derrogación da "ilegal e inmoral" prórroga de ENCE, a fixación dunha tarifa eléctrica galega e a mellora do financiamento dos concellos galegos son os outros aspectos da axenda galega que o BNG vai trasladar á Moncloa.

 

A posición do BNG sobre a mudanza política operada nas últimas horas no estado expresouna Ana Pontón por medio de dous chíos:

 

E mentres tanto, chega o primeiro aceno simbólico do novo executivo. Pedro Sánchez tornouse este sábado no primeiro presidente español que toma posesión do seu cargo nun acto de fasquía laica, sen crucifixos e sen biblias.

Comentarios