A nova maxistrada do Constitucional asegura que a autodeterminación "debe estudarse"

Segoviano tamén se ocupou do tema da elección do novo presidente do TC, aínda que evitou posicionarse a favor ou en contra de calquera dos dous candidatos ao cargo, os dous progresistas, Cándido Conde-Pumpido e María Luisa Balaguer.
A nova maxistrada do TC, María Luísa Segoviano. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
photo_camera A nova xuíza do TC, María Luísa Segoviano. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)

A nova maxistrada do Tribunal Constitucional (TC), María Luisa Segoviano, declarou esta segunda feira nunha entrevista que a autodeterminación é “un tema complexo” e “que se ten que estudar”.

Segoviano mantén que “non se debe rexeitar nada de entrada”, mais “iso non quere dicir que se admita”. Neste sentido, insiste en que iso ten que ficar moi claro.

Desta maneira, posiciónase a favor de estudar a autodeterminación “pouco a pouco” porque “non se ten que ter medo a ningunha formulación, a ningún posicionamento, nin a ningunha suxestión das que se poidan ser presentadas ante o Tribunal Constitucional.

Con todo, e a pesar do cambio da nova maxistrada, o TC vai respectar a doutrina do anterior tribunal respecto deste tema, xa que “é un precedente do cal nunca se pode prescindir” e hai que respectar”.

Porén, Segoviano fai fincapé de que por veces “cuestións parecidas teñen un determinado elemento diferencial” o que fai que se necesite “maior razoamento do que a vez anterior”.

Novo presidente do TC

Noutra orde de cousas, a nova maxistrada tamén se ocupou do tema da elección do novo presidente do Tribunal Constitucional, aínda que evitou posicionarse a favor ou en contra de calquera dos dous candidatos ao cargo, os dous progresistas, Cándido Conde-Pumpido e María Luisa Balaguer.

"Limar asperezas entre os membros que compoñen ao tribunal, tratar de achegar posicións, ser capaz de nun determinado momento acougar os ánimos e suavizar. Creo que iso é moi importante para facer que o tribunal funcione", declarou sobre este tema.

Comentarios