O debate sobre a gratuidade da AP-9 entra en campaña

A cabeza de lista de Nós por Pontevedra, Carme Adán, realizou unha acción simbólica para denunciar a “estafa das peaxes" e reclamar a transferencia da autoestrada. Vídeo no interior


Unha caravana de coches organizada por Nós Candidatura Galega reivindicou a gratuidade da AP-9 cunha acción simbólica onde sinalaron a “estafa das peaxes” e reclamaron a transferencia da autoestrada.

“Vimos denunciar o roubo da AP-9, que é das peaxes máis caras do Estado. Levámolo no noso programa e así nos comprometemos, a primeira iniciativa será pedir a gratuidade desta autoestrada que vertebra Galiza desde Tui até Ferrol”, asegurou a número 1 de Nós por Pontevedra, Carme Adán, que encabezou a protesta. 

Adán preguntouse que intereses hai detrás para que se renovara a concesión até o ano 2048. “Que lle debe o PP, que conivencia ten con Audasa, para que siga a ser de pago unha autoestrada máis que amortizada?”, manifestou a candidata, que pagou a peaxe con céntimos como acto de protesta.

Comentarios