POLÍTICA

O debate electoral, o programa máis visto nos fogares galegos cun 15,3% de audiencia

O debate electoral, o programa máis visto nos fogares galegos cun 15,3% de audiencia

O espazo político foi líder no horario de máxima audiencia, con 151.000 espectadores de media, segundo cifras da CRTVG.

Momentos posteriores o debate electoral (Foto: CRTVG)
photo_camera Momentos posteriores o debate (Foto: CRTVG)

O debate electoral espertou un fondo interese entre os galegos e galegas. Así o demostran os datos de audiencia desta cita electoral cara os comicios do 25 de setembro. O programa, emitido polos medios públicos do país, converteuse no espazo líder na franxa televisiva de máxima audiencia. Unha media de 151.000 espectadores seguiron o debate entre os aspirantes á Xunta das cinco principais forzas políticas.

Segundo os datos ofrecidos pola CRTVG, un 15,3% das persoas que estaban vendo a televisión en Galiza tiñan sintonizado o debate, por diante de programas e estreas nas canles privadas. Un debate que tamén estivo moi presente nas redes sociais, facendo do cancelo #DebateCRTVG un dos temas máis comentados a nivel estatal. 

A conta oficial en Twitter de Sermos Galiza superou as 170.000 impresións orgánicas, con case 500 rechíos e 300 'likes' durante a emisión.

Porén, as cifras de audiencia están lonxe dos últimos debates para as eleccións galegas. En 2012, o formato elixido foron tres cara a cara. O realizado entre Alberto Núñez Feijóo (PP) e Pachi Vázquez (PSdeG) acadou o 31,3% de share; o cara a cara entre Feijóo e Francisco Jorquera (BNG) o 24,9% e o debate entre Vázquez e Jorquera o 19,5%. Estas boas cifras contrastan co pouco seguimento dos debates das eleccións locais en 2015, emitidos polas canles públicas, que ficaron por baixo do 2%

Un interese que quedou patente de igual forma nas cifras de audiencia de Sermos Galiza. O debate retransmitido pola nosa conta oficial de Twitter @SermosGaliza superou as 170.000 impresións orgánicas, con case 500 rechíos e 300 'likes' durante as horas que durou o encontro. A mensaxe con maior impacto foi unha intervención da candidata do BNG, Ana Pontón:

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios