A Coruña, 29 de outubro

Debate electoral na Agra do Orzán

Na terza feira 29 de outubro ás 20 horas terá lugar na Agra do Orzán un debate con representación do BNG, PP e PSOE, destinado a toda a veciñanza.

Barrio da Agra do Orzán, A Coruña
photo_camera Barrio da Agra do Orzán, A Coruña

A vindeira terza 29 de outubro ás 20 horas terá lugar un debate sobre as eleccións xerais no local veciñal do bairro da Agra do Orzán. Está confirmada a asistencia de María Xosé Bravo San José (candidata número 2 do BNG ao Congreso pola provincia da Coruña), Miguel Lorenzo (candidato número 1 do PP ao Senado pola provincia da Coruña) e Obdulia Taboadela (candidata número 2 do PSOE ao Senado pola provincia da Coruña). Ciudadanos e Galicia en Común tamén foron convidados, mais non confirmaron aínda a súa participación.

O acto estará moderado por Moncho Branco. A actividade está aberta a toda a veciñanza, con entrada libre até esgotar aforo.

Comentarios