CxG propón crear un único instituto galego de crédito que recupere o labor das caixas

Bascuas anunciou que abrirán unha 'Xanela Única' para "facilitar o proceso de creación de empresas", durante unha xuntanza co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.  

Bascuas durante un mitin desta campaña (Foto-CxG)
photo_camera Bascuas durante un mitin da campaña (Foto: CxG)

A candidatura de Compromiso por Galicia mantivo esta segunda feira unha xuntanza na Confederación de Empresarios galegos (CEG) para trasladar as súas propostas electorais en material empresarial. O aspirante de CxG, Xoán Bascuas, propuxo unificar o Igape e o Xes Galicia para crear un único instituto de crédito galego que “recupere a balor das caixas de aforro”, nun encontro co presidente da CEG, Antonio Dieter Moure.

Bascuas suxeriu que as primeiras actividades económicas estean “libres de pagar impostos e tributos económicos”.

Bascuas apostou por “axudar á xente a sacar adiante a súa primeira empresa”, para que o suxeriu que as primeiras actividades económicas estean “libres de pagar impostos e tributos económicos”. Nesa liña, anunciou que abrirán a 'Xanela Única' para "facilitar o proceso de creación de empresas", unha medida que permitirá ás persoas emprendedoras facer todos os trámites nun único lugar. 

Pola súa banda, o presidente da CEG asegurou que falou con Bascuas “de facer país” e da “economía galega e os compromisos do programa de CxG”, propostas que foron acollidas por Dieter como positivas “tanto para o tecido empresarial como para a sociedade galega en xeral”, segundo declaracións recollidas por Europa Press.

Comentarios