CxG instará á Fiscalía para que investigue a Feijóo polo 'caso Bárcenas'

A organización galeguista entende que "hai indicios suficientes" nas informacións publicadas pola impresa para que a Fiscalia investigue se o presidente da Xunta cometeu algún delicto

Así o anunciou en comparecencia de imprensa o secretario xeral do partido, Xoan Báscuas. CxG está a preparar un escrito que presentará perante o TSXG e no que insta á Fiscalía a actuar de oficio e investigar se o actual presidente da Xunta cometeu algún delicto cando exercía responsabilidades de goberno durante os mandatos de Fraga. 

"As informacións xornalísticas do chamado caso Bárcenas, e as ramificacións do Gürtel están tocando de cheo" a Alberto Núñez Feijóo, asegurou Báscuas quen criticou a actitude do líder do executivo por non dar "ningunha explicación" a respeito da financiación ilegal do Partido Popular. E é que os últimos dados coñecidos sinalan a existencia de perto de 2 millóns de euros en doazóns opacas percibidas polo PP procedentes de empresas que logo serían concesionarias de importantes servizos públicos. 

Estas empresas eran contratistas xenéricas da Xunta co mando de Feijóo, primeiro en 1991 como secretario xeral de Agricultura ata 1996, en 2003 como conselleiro de Políticas Territorial e Obras, en 2004 como vicepresidente, e en 2009 xa como presidente, subliñan desde Compromiso por Galicia.

Neste senso, instarán á Fiscalía a que inicie unha investigación para dirimir o grao de responsabilidade de Núñez Feijóo e se houbo ou non delicto na súa actuación como responsábel politico na Xunta de Manuel Fraga. 

Comentarios