Compromiso por Galicia fará campaña con 22.581€

O secretario de Finanzas da formación, Manuel González, salienta a "contención no gasto" e a "transparencia" nas contas.. 

13702773613_d14bbc56b1_z
photo_camera [Imaxe CxG]

Compromiso por Galicia (CxG) fixo público o seu orzamento de campaña de cara ás eleccións municipais do 24 de maio. A formación galeguista contará con 22.581 euros que investirán maioritariamente en material gráfico (13.696,90€). "Isto é un exercicio de transparencia que neste contexto non é opcional, senón obrigado a todas as forzas políticas", sinalou o secretario de Finanzas de Compromiso, Manuel González. 

González asegurou, asemade, que as contas da formación están marcadas pola "contención no gasto" e polas achegas da militancia, que asumiu tamén unha cota extraordinaria perante os comicios locais. 

Os máis de 22 mil euros que investirá CxG "é superior ao inicialmente previsto", afirmou Manuel González, após presentaren máis candidaturas, un total de 41. 

As demais partidas destinaranse a deseño (2 mil euros), apoio técnico (1.500€) e outros gastos (1.500€). 

Comentarios