CxG encetará contactos co PNV face as eleccións europeas

A última palabra á hora de constituír a candidatura da cal fará parte a organización política que encabeza Xoán Bascuas teráa a militancia, que se pronunciará o 25 de xaneiro nunha Convención Nacional.

compromiso
photo_camera [Imaxe: CxG]


Compromiso por Galicia decidiu este sábado día 23 encetar as conversas co PNV face as europeas "e explorar esta vía como a mellor forma de situar Galicia no mapa e defender os intereses da nosa cidadanía" en Bruxelas. O acordo saíu da xuntanza do Consello político nacional.

Ao fío, o secretario xeral de CxG, Xoán Bascuas, subliñou que os contactos coa formación nacionalista vasca "serán meramente informativos", pois a última palabra pronunciaráa a militancia nunha Convención Nacional fixada para o 25 de xaneiro e "aberta a simpatizantes".

Bascuas lamentou "que a vía da candidatura galega ficase morta", situación que apuxo ás posturas "inmobilistas" que, ao seu entender, manteñen BNG e Anova. Sen fechar esta porta "por se mudaren as circunstancias malia que todo apunta a que non será así", CxG iniciará o diálogo co PNV.

Comentarios