CUP denunciará a ilegalización de Causa Galiza no Parlament e en concellos cataláns

Unha delegación dos encausados na 'Operación Jaro' reuniuse con Isabel Chacón e Carles Riera, coordenadora do grupo parlamentar e responsábel de Relacións Internacionais. Tamén se reuniron con Civit i Martí, de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC).

Operación Jaro Causa Galiza CUP Catalunya

A Candidatura d'Unitat Popular (CUP) avalía a posibilidade de presentar unha moción de solidariedade para cos 9 independentistas galegos procesados no marco da 'Operación Jaro' no Parlament de Catalunya, así como naqueles concellos cataláns onde resida un número significativo de galegos. Son as conclusións da xuntanza que mantiveron no Parlamento unha delegación das persoas procesadas na 'Operación Jaro' con representantes da CUP. En concreto, Isabel Chacón, coordenadora do grupo parlamentar da formación independentista, e Carles Riera, responsábel de Relacións Internacionais. Riera foi presidente do Centre Internacional Escarré per a les Minories Ètniques i les Nacions(CIEMEN). Unha xuntanza que se enmarca na serie de reunións e actos que os encausados pola AN están a realizar por Catalunya e na que manterán encontros con Junts pel Si e darán palestras en varias localidades.

Borxa Mejuto e Antom Arias informaron os representantes da CUP deb todo o acontecido desde hai xa máis dun ano, coa detención de 9 independentistas e a ilegalización de facto de Causa Galiza pola Audiencia Nacional. No transcurso da xuntanza, desde a CUP tamén se comprometeron a facer circular o manifesto internacional de solidariedade cos encausados que se fará público en xaneiro.

reuniom-com-erc-24-nov-2016ERC

A delegación de ex-militantes de Causa Galiza reuniuse no Parlament de Catalunha co deputado Ferran Civit i Martí, de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC), que fai parte da coligazón Junts el Si. O encontro durou por volta dunha hora. Desde ERC avalían a posibilidade de colocar a denuncia da ilegalización da formación independentista galega na axenda do Congreso dos Deputados e, unha vez que o BNG presente moción na Cámara galega, levar a denuncia do operativo e a suspensión de Causa Galiza á Cámara catalá.


 

Comentarios