CRTVG convida as "principais forzas políticas galegas" a un debate electoral o 23 de marzo

CRTVG
photo_camera Imaxe do debate das eleccións galegas de 2016 (CRTVG)

A Corporación de Radio e Televisión da Galiza(CRTVG)  convida as "principais forzas políticas galegas" a un debate electoral a segunda feira 23 de marzo despois do primeiro fin de semana da campaña con motivo das eleccións do 5 de abril.

Segundo informou a CRTVG, este debate terá lugar na sede dos medios públicos galegos en San Marcos "en prime time" e será emitido pola TVG e a Radio Galega, así como a través dos soportes dixitais.

A CRTVG explica que unha vez que se publiquen as candidaturas definitivas que se presentarán ás eleccións do 5 de abril, a Corporación contactará coas persoas representantes dos grupos políticos para darlles "o plan completo de cobertura" e "ter unha reunión de traballo".

O debate, indican as mesmas fontes, será accesíbel en linguaxe de signos. Ademais, a CRTVG proporcionará o sinal de evento a todos os medios interesados ​​na súa difusión.

O candidato do PSdeG e líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, retou hai uns días ao candidato á reelección do PPdeG, Núñez Feiixoo, a un cara a cara, tras o que a candidata do BNG, Ana Pontón, manifestou o seu desacordo por "limitar o pluralismo nos debates".

Comentarios