Os críticos no comité electoral de En Marea piden paralizar as primarias

Consideran que o novo sistema adoptado pola Coordinadora presenta “problemas de seguridade”.

[Imaxe: En Marea Pontevedra] Un acto público de En Marea
photo_camera [Imaxe: En Marea Pontevedra] Un acto público de En Marea

“Cómpre paralizar [as primarias]. Non é legal, non é lexítimo”. Así se expresaron os críticos no comité electoral de En Marea, que afirman que o novo sistema elixido para o proceso de votación presenta “problemas de seguridade”. Ofrece, afirman, “menos garantías que a anterior”.

O comité non acepta o cesamento de tres persoas do comité acusadas de acceder ilegalmente ao censo. Considera que a coordenadora (villaristas) está nunha “manobra” para facerse cunha maioría “non lexítima”. Anuncia a posibilidade de accións legais para poder acceder ao contido das auditorías.

Mentres, todo paira nestes horas en saber se ás primarias que se retoman este sábado concorrerán todos os actores. Hai algúns que apontan máis a non dar paso de participar (Podemos) e outros máis partidarios de facelo. Martiño Noriega xa anunciou que si que votará.

Horas antes de se coñecer que se retomabana s primarias, desde Podemos aseguraban que “até que non se reciba a información solicitada [auditorías] e até que non se conte coa certeza plena de que eses procedementos van celebrar con todas as garantías de limpeza, transparencia e equidade non hai elementos para ningún proceso electoral interno”. Unha afirmación que deixa interrogantes sobre se participará ou non nas primarias. Desde Esquerda Unida lamentaban a “irresponsabilidade da dirección saínte de En Marea que como resposta e expresión dunha derrota política é quen de poñer en perigo aos procesos de confluencia”. Anova partillaba os reproches á dirección que fan EU e Podemos, e demandaba que se “poida votar con limpeza e respectando a vontade das inscritas e inscritos expresada no Plenario do 27 de outubro”.

Comentarios