O crítico Eyré dille a Antón Sánchez que Podemos quería ir con Anova ás europeas

Twitter é xa un escenario máis do debate político. En Anova, o crítico Eyré e o oficialista Antón Sánchez tiveron onte un pequeno intercambio na rede sobre as alianzas da organización.

valoración age

Antón Sánchez subiu ao twitter un enlace coa información de Europa Press sobre a valoración que a dirección de Anova fai dos resultados das eleccións europeas, marcadas por certa sensación de estancamento da organización liderada por Beiras e pola irrupción no seu espazo eleitoral de Podemos.

O chío de Sánchez foi respondido por Luís Eyré, unha das voces máis autorizadas do sector crítico de Anova.

#tardepiastes

Eyré, coñecido como Palleiro, díxolle literalmente ao palamentar de Anova: "Podemos quería ir con Anova, aceptaba a auto-organización nacional, papeleta galega Anova, pero foi co PCE". E logo engadiu o hashtag #tardepiastes.

A reacción de Sánchez foi escueta: "A traballar", retrucou a Eyré.

No referendo interno realizado en Anova para determinar a política de alianzas cara ás europeas, o sector crítico -constituído agora no que denominan "Os nacionalistas de Anova"- defendeu a opción de ir con soberanistas de esquerda e/ou coa esquerda rupturista española, en referencia a Podemos.

Esa opción era a maioritaria na organización até que, no último momento, Beiras abandonou ao grupo nucleado arredor de Eyré e de Mario López Rico e se aliñou co sector liderado por Martiño Noriega e o próprio Antón Sánchez. O movimento deu a vitoria aos partidarios de ir cara á unha maior converxencia con Esquerda Unida.

Comentarios