Política

Críticas de nais e pais a Feixoo por facer "propaganda" nunha escola

Nais e pais aseguran que denunciaron as deficiencias do centro e que non obtiveron resposta
O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, nunha aula da Escola Infantil Santa Susana (Xunta)
photo_camera O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo, nunha aula da Escola Infantil Santa Susana (Xunta)

Nais e pais da Escola Infantil Santa Susana de Compostela organizáronse para denunciar a falta de persoal do centro, as limitacións de espazo das aulas para as crianzas e a imposibilidade de empregar o patio a meirande parte dos días do ano, pero non obtiveron resposta. Agora critican que Feixoo vaia "facer a foto".

Critican que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, escollese este centro para facer "propaganda" no primeiro día lectivo após as vacacións de Nadal, mentres as súas reclamacións polas deficiencias da escola non obteñen resposta da Consellaría de Política Social, da que depende directamente.

"É a segunda vez nun mes que nos piden autorización para que os nosos fillos e fillas aparezan en fotografías", sinala Alba (nome ficticio), nai desta escola, que non entende como os políticos van "facerse a foto" pero ninguén dá solución á falta de persoal, de espazo e ao feito de que as crianzas non poden empregar o patio cando chove nin cando vai sol.

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

 

Comentarios