RIOBóO FICA SEN APOIOS

A crise de Podemos na Galiza obriga á disolución da dirección e novas eleccións internas

[Actualizado 19:00] A demisión de 10 integrantes do consello cidadán galego, entre eles os tres parlamentares do partido nas Cortes, deixa sen 'quorum' este órgano. A dirección estatal impulsa un "proceso de renovación de todos os ótrganos" do partido en Galiza.

Breogán Riobóo_Podemos Galiza
photo_camera Breogán Riobóo e Ángela Rodríguez

A crise interna que desde hai tempo se vivía en Podemos Galiza acabou por estoupar. A demisión de 10 membros do consello cidadán galego do partido aboca a disolver a dirección por ficar esta sen 'quorum' suficiente e a convocar eleccións internas para elexir novo secretario xeral, cargo que actualmente ocupa Breogán Riobóo.O xornalista Carlos Punzón escrebe en 'La Voz' que entre os 10 integrantes que demitiron están os tres cargos parlamentares que ten Podemos Galiza: os congresistas Antom Gómez-Reino (man dereita de Iglesias en Galiza) e Ángela Rodríguez; e o senador García Buitrón. As diferenzas entre estes e Breogán Riobóo foron alargándose nas últimas semanas. Os ceses e dimisións nos órganos de dirección de Podemos Galiza evidenciaban unha crise interna que se plasmaba en cuestións non só internas, mais tamén nos posicionamentos sobre como e con quen concorrer nas eleccións galegas.

Cunha dirección sen 'quorum' suficiente, o roteiro a seguir aponta á disolución deste órgano e á creación dunha xestora, dando inicio a un proceso de eleccións internas para a elección do novo secretario xeral e dos novos organismos de dirección. A comezos desta semana, e como tamén informa 'La Voz', presentara a súa renuncia a presidenta do comité de garantías de Podemos e a vogal encarregada de instruír as denuncias contra a validación da nova executiva.

"O proceso de renovación dos órganos de Galiza darase o antes posíbel"

Sergio Pascual, secretario de Organización de Podemos a nivel estatal, afirmou que "o proceso de renovación de todosos  órganos de Galiza darase o antes posíbel".  

"O secretario xeral galego está informado desta situación,mais non foi el quen solicitou que se desen estes pasos, máis ben veñen das demisións da maioría dos órganos", explicou Pascual, quen engadiu que esta situación fixo "ineludíbel" a decisión de nomear unha "equipa técnica" para que conduza a situación. O secretario de Organización recoñeceu "feridas públicas en Galiza" no seo do partido.

Comentarios