Crespo asegura que Pachi Lucas foi quen o avisou das investigacións da policía

O empresario coruñés sobre o que pivota a Operación Zeta volve sinalar ao amigo íntimo do presidente da Xunta e pregúntase por que sendo o seu 'conseguidor' non é chamado a declarar.

Gerardo Crespo
photo_camera Gerardo Crespo

Gerardo Crespo -o empresario coruñés que está no centro da chamada operación Zeta, un suposto caso de fraude a grande escala ás arcas públicas galegas que sinala tamén ao PP- comezar tirar da manta e inculpa á contorna mesmo da presidencia da Xunta en todas os casos que están a ser investigados, que teñen como posíbel 'conseguidor' a un amigo íntimo de Alberto Núñez Feijóo, Pachi Lucas. 

"Dáballe a Lucas 3.000 euros todos os meses como comisións", explica Crespo

“Como é posíbel que non o chamen a declarar”, quéixase Crespo nunhas declaracións ao diario coruñés La Opinión, onde tamén afirma que foi Lucas -ao que define como “íntimo de Feijóo”- a persoa que lle informou de que estaba a ser investigado pola policía, información que non explica como conseguiu esta persoa. “Eu lle pagaba a Pachi, si. Non estaba en nómina, dáballe 3.000 euros ao mes en plan comisións”, relata Crespo, que relaciona o feito de que non sexa chamado a declarar coa súa amizade co presidente do goberno galego. 

Pachi Lucas é o mellor amigo de Feijóo, en todas as campañas están xuntos”, afirma Crespo, militante do PP desde novo e moi relacionado tamén con cargos como a conselleira de Traballo, Beatriz Mato, ou o alcalde da Coruña, Carlos Negreira, até que a relación cortouse ao ser investigado pola policía.

Comentarios