De Cospedal, sincera no seu lapsus: ‘’Traballamos moito para saquear o noso país’’

A secretaria xeral do Partido Popular revolta as redes sociais cunha metida de zoca que non é unha novidade nela. Xa en 2012 confundira ‘saquear’ con ‘sacar’.

De Cospedal, máis unha vez, no albo de chanzas nas redes sociais e, maís unha vez, por unha metida de zoca. Desta volta, por afirmar nun mitin en Guadalajara o pasado 17 de abril que “traballamos moito por saquear o noso país”. Xa en 2012 Dolores de Cospedal dixera que “facemos un proxecto económico, orzamentario e social para saquear Castela-A Mancha”.

A secretaria xeral do PP non é unha novata neste tipo de situacións. Nun mitin afirmou estar contenta de “estar aquí, en Las Hurdes, Andalucía”, xerando o protesto dos asistentes ao acto.

Comentarios