A convocatoria electoral suma dúbidas sobre as garantías democráticas e sanitarias

A Fegamp pide á Xunta compromisos económicos e organizativos.
Papeletas. Votaciones. Colegio Electoral. Elecciones municipales y europeas del 26 de mayor de 2019. Colegio CEIP Cruceiro de Canido. Ferrol (A Coruña).

Papeletas. Votaciones. Colegio Electoral. Elecciones municipales y europeas del 26 de mayor de 2019. Colegio CEIP Cruceiro de Canido. Ferrol (A Coruña).

  (Foto de ARCHIVO)

26/5/2019
photo_camera (Europa Press)

As dúbidas sobre as garantías democráticas e de seguridade sanitaria da organización da xornada electoral do 12 de xullo esténdense ás Administracións locais. Esta semana, son os alcaldes e alcaldesas, a través da Fegamp (a Federación galega de municipios e provincias), quen poñen en cuestión o borrador do protocolo da Xunta para a preparación das eleccións galegas, polos baleiros que deixa tanto en cuestións organizativas como económicas, en vista das medidas extraordinarias que deberán articularse por mor da crise sanitaria na que ten lugar a cita coas urnas.

"O protocolo deixa moitas cuestións no aire", advertía a pasada terza feira o presidente da Fegamp, Alberto Varela,  após unha xuntanza con dirixentes das sete cidades e das catro deputacións galegas. Nesas "cuestións" incluía aspectos como os métodos de control de capacidade dos colexios electorais, onde tamén será necesario controlar que as persoas votantes cumpran cos circuítos estabelecidos para evitar aglomeracións e asegurar  a opción de exercer o voto en segredo malia a prohibición de que se instalen cabinas con cortinas, e tamén aos sobrecustos pola organización durante a pandemia. 

O voto por correo

As incertezas formuladas polas Administracións locais súmanse ás propostas polo persoal de Correos, perante a decisión da Xunta Electoral Central de outorgar a este colectivo profesional a capacidade de recoller nos domicilios os votos das persoas que elixan exercer desde a casa este dereito e "dar fe" desa recepción, como medida extraordinaria pola excepcionalidade que o coronavirus engade a esta convocatoria electoral.

Despois de reunirse esta semana coa representación do seu cadro de persoal, Correos comprometeuse a elaborar un protocolo para "dar garantías" ao voto que se solicite por correo e que se tramite a través das e dos carteiros nos domicilios, "a fin de que o sufraxio teña as máximas garantías e non se poida manipular".

As feblezas deste sistema puxéronas sobre a mesa as organizacións sindicais, que de forma unánime reclaman un reforzo masivo do persoal do servizo postal, perante a sobrecarga e mesmo o "colapso" que pode traer estas novas competencias e polo aumento da petición deste modo de sufraxio como mecanismo de prevención ao contaxio. Na Galiza, o voto por correo practicamente duplicouse xa entre 2015 e 2019, ao pasar de 37.974 a 62.418.

Tras coñecer a decisión da Xunta Electoral, sindicatos como a CIG advirten da falta de persoal para desenvolver con garantías este proceso de voto, mentres que a CXT alerta das "grandes eivas de seguridade" da nova modalidade de votación. Tamén o BNG alerta da posibilidade dunha "fraude electoral" no voto por correo, autorizado como mecanismo "excepcional", pero que, aos seus ollos, se está a propor por parte do Goberno galego "de forma expansiva, utilizando os traballadores do servizo postal sen que existan as debidas garantías democráticas

Máis en POLÍTICA
Comentarios