Convergència fica sen grupo propio no Senado por primeira vez desde 1977

O voto en contra do PP e a abstención do PSOE mandan CDC ao grupo mixto.

Francesc Homs [Imaxe: Generalitat de Catalunya]
photo_camera Francesc Homs

Convergència Democrática de Catalunya (CDC) - actual Partit Democràtic Català (PDC)- fica sen grupo propio no Senado e pasará a se integrar non grupo mixto após a decisión da Mesa da Cámara alta que impide que CDC formalice grupo de seu. O PP votou en contra e o PSOE abstívose, sendo o único voto a favor o emitido polo representante do PNV (no órgano grazas a unha cesión do PP). Desta forma, o centro-dereita nacionalista catalán fica sen grupo propio por primeira vez desde 1977. 

Pedro Sanz, vicepresidente do Senado, dixo que o regulamento require 10 senadores para constituír grupo parlamentar, se ben poden ficar en 6 o resto da lexislatura. CDC ten 4 senadores (8 na anterior lexislatura). A semana pasada a Mesa deu luz verde a 5 dos 6 grupos parlamentares que se inscribiron na Cámara alta: PP, PSOE, Podemos, PNV e ERC. Porén, deixou en suspenso a aprobación do grupo catalán até esta segunda feira. Nunha decisión sobre a que pendura a declaración do Parlamento catalán da pasada semana de avanzar cara á independencia , o que leva PP e PSOE variar a súa postura inicial, favorábel a que CDC tivese grupo de seu no Senado. 

Ciudadanos pide a populares e socialistas que manteñan ese mesmo criterio no Congreso. 

Máis en POLÍTICA
Comentarios