De contratos públicos con empresas vinculadas a familiares do PP a sancións a grandes empresas: a documentación "oculta" da Xunta

O BNG acusa o Goberno galego de ocultar "de maneira sistemática" a información ao Parlamento galego e anuncia que presentará unha denuncia ante a Valedora do Pobo

Foto rolda de prensa Daniel Castro ocultación informacion ao Parlamento
photo_camera Daniel Castro (Foto: Nós Diario)

O BNG acusou na quinta feira o Goberno galego de non cumprir cos prazos legais das solicitudes de transparencia no Parlamento —30 días hábiles— , xa que hai documentos "polos que levamos esperando máis de 900 días". Así, o deputado nacionalista Daniel Castro anunciou que a organización nacionalista está a preparar unha denuncia ante a Valedora do Pobo por este tema.

Explicou Castro que a Xunta de Galiza converteuse nun dos órganos "máis opacos e pouco transparentes", a pesar da obriga de enviar calquera documento solicitado polos deputados e deputadas en menos de 30 días. Porén, dixo, "pasan os meses  e a información non chega".

Ese "apagón" afecta a a documentación solicitada desde o Parlamento sobre sanidade, residencias de maiores, concesión de subvencións, expedientes sancionadores a grandes empresas por delitos ambientais, ou tamén a "empresas vinculadas a altos cargos e familiares  do PP", a través de contratos públicos coa Xunta.

Eulen

Neste sentido, Daniel Castro puxo exemplos como documentos referidos á CRTVG, a ENCE ou aos  "11´7 millóns de euros perdoados a empresa Greenalia" na que traballa a ex conselleira Beatriz Mato, ou mesmo Eulen.

Para o deputado, o proceder da Xunta de Galiza constata o dito de  "dime de quen ocultas información e direiche para quen gobernas" ademais de actuar como se o Parlamento galego, fose a "súa leira particular e non a cámara de representación dos galegos e das galegas".

Ademais, proseguiu o deputado, "en moitas ocasións", o Goberno galego recorre para responder ás preguntas do BNG con ligazóns ás comparecencias en comisión ou a acudir a ver eses documentos a outras cidades durante un tempo limitado "e con vixilancia permanente". Por iso, reiterou, imos facer valer "os nosos dereitos e o dereito do Parlamento" e "xa estamos preparando unha denuncia "diante da Valedora do Pobo".

Para o deputado, o proceder da Xunta de Galiza constata o dito de "dime de quen ocultas información e direiche para quen gobernas" ademais de actuar como se o Parlamento galego fose a "súa leira particular e non a cámara de representación dos galegos e das galegas".

Comentarios