Consúmase a ruptura do PP en Barro: tres edís pasan ao grupo dos non adscritos

Os concelleiros José Antonio Landín, José Suárez e Emilio Martínez veñen de de presentar no Concello de Barro un escrito asinado dirixido ao alcalde, Xosé Manuel Fernández Abraldes.
José Antonio Landín, ex alcalde de Barro, é un dos tres concelleiros que solicitaron a baixa do grupo popular.
photo_camera José Antonio Landín, ex alcalde de Barro, é un dos tres concelleiros que solicitaron a baixa do grupo popular.

Despois de varios meses de disputas internas consúmase a ruptura do PP de Barro.

Tres dos catro concelleiros do grupo municipal do Partido Popular veñen de entregar no Concello un escrito que confirma a escisión.

Nun escrito dirixido ao alcalde Xosé Manuel Fernández Abraldes, os edís José Antonio Landín, José Suárez e Emilio Martínez solicitan a baixa do grupo popular para integrarse nun único grupo político como concelleiros non adscritos.

A renuncia formalizarase a finais de xullo, cando está previsto o próximo pleno da corporación, se ben xa anticiparon que nas próximas sesións " xa non representarán ao Partido Popular de Galicia en Barro".

Un único edil

Así, o Partido Popular contará a partir de agora cun único concelleiro en Barro, Alberto Díaz.

O malestar no grupo popular acelerouse a finais de maio,  cando o PP de Pontevedra anunciou a creación dunha nova xestora encabezada por Eduardo Ruadas.

O nomeamento no gustou a unha parte dos populares, desconforme con esta remuda.

Comentarios