Constituídas todas as mesas electorais

Ás 9.16 horas ficaron constituídas as 3.955 mesas electorais distribuídas ao longo da Galiza. Son máis de 11.800 as persoas que as compoñen para participaren nas eleccións municipais e europeas.

peq2
photo_camera [Imaxe: SG] As primeiras papeletas nun colexio de Cerceda.

Segundo a Delegación do Goberno, ás 9.16 horas ficaran constituídas as 3.955 mesas electorais distribuídas ao longo da Galiza con máis de 11.800 integrantes que as forman. A última en se constituír foi a Casa Reitoral Padres Capuchinos de Vigo que, en consecuencia, ficará aberta até as 20.16 horas.

Outra das incidencias rexistrouse na parroquia de Brandía, en Compostela, onde un colexio amenceu coa fechadura bloqueada. Porén, isto non impediu que abrise ás 9 horas.

O delegado do Goberno español na Galiza, Javier Losada, salientou a “total normalidade” coa que se iniciou esta dupla xornada electoral.

Este domingo están chamadas a votaren na Galiza 2.248.635 persoas que elixirán os 3.721 edís de 313 concellos. O censo das europeas ascende a 2.705.842 persoas. Neste caso poderán elixir as 54 deputadas e deputados do Estado español, pois a circunscrición é estatal, única.

Comentarios