Constitúese o Consello asesor de Galiza Sempre. “Temos a vontade de activar o debate de ideas no país”

O organismo está composto por catorce pesoas “de recoñecido prestixio e traxectoria”, segundo afirmou o presidente da Fundación, Francisco Jorquera.

Consello Asesor Galiza Sempre
photo_camera Consello Asesor Galiza Sempre

Este sábado constituíse en Compostela o Consello asesor da Fundación Galiza Sempre, un órgano integrado por catorce persoas procedentes de diferentes ámbitos mais que reúnen un “coñecido prestixio e traxectoria”, en palabras de Francisco Jorquera, presidente da Fundación.  As persos que fan parte dese consello, segundo informa a Fundación, son Encarna Otero, Quico Cadaval, María do Pilar García Negro, Xosé Dios, Manuel Soto, Elvira Souto, Olalla Fernández Davila, Marga Romero, Xesús Seixo, Manuel Mera, Antolín Alcántara, Ramón Varela, Xosé Díaz, Francisco Rodríguez.

Para Jorquera o organismo ten como función “auxiliar” Galiza Sempre no desenvolvemento dos seus obxectivos, como é o de “impulsar” o debate político, económico, social e cultural en Galiza “desde unha clave autocentrada no país”. O presidente da Fundación salientou que este paso responde á “vontade” de Galiza Sempre de “activar o debate de ideas no noso país, algo que é fundamental” e que considera que é “cosubstancial” a unha sociedade “verdadeiramente democrática”.

Neste sentido, o ex-deputado do BNG lamentou que esteamos nunha época na que o debate de ideas, dixo, estea “degradada” na política, “substituído polo postureo e o eslogan”. Jorquera tamén falou das actividades desenvolvidas pola Fundación para que unha cuestión de tanta importancia “para o benestar do país” como é o modelo de financiamento estea presente na axenda galega. O mesmo que coa tarifa eléctrica galega, “que algúns ridiculizaban aquí e agora Euskadi veno de lograr para a súa industria”. 

Comentarios