O Constitucional suspende a resolución do Parlament sobre a 'desconexión' con España

Advirte a presidenta da Cámara, president da Generalitat e membros da Mesa da Cámara catalá das súas responsabilidades, memos penais, se ignoran a decisión do TC.

parlament catalunya

Os once maxistrados do Tribunal Constitucional decidiron por unanimidade suspender a resolución aprobada a semana pasada polo Parlament de Catalunya pola que se aprobaban as conclusións da comisión sobre Proceso Constituínte que abre as portas á 'desconexión' con España. Tras unha hora e media de reunión, os maxistrados admitiron a trámite o incidente de execución da sentenza e dá ao Parlament 20 días de prazo para presentar alegacións.

Para alén de suspender a resolución do lexislativo catalán que marca roteiro cada á independencia, advirte persoalmente a Carme Forcarell e Carles Puigdemont da súa eventual responsabilidade, mesmo penal, se ignoran esta suspesión. É unha advertencia, pois antes de calquera decisión ao respecto estudiará as alegacións que presente a presidenta do Parlament.

Desde o independentismo catalán, JxS e CUP, xa responderon que non lles sorprendía esta decisión do Tribunal Constitucional, criticando o papel deste organismo á hora de tombar decisións e resolucións aprobadas democraticamente en Catalunya.

O goberno español solicitou ao TC a nulidade e suspensión inmediata da resolución 263/11 do 27 de xullo, argumentando que a mesma vai contra o aviso do Constitucional do 19 de xullo, onde se indicaba que non era unha acción contemplada na Constitución.

Comentarios