O Constitucional suspende a reforma do regulamento do Parlament

 “Todo o que se aproba no Parlamento catalán é ilegal”, lamenta Oriol Junqueras, vicepresidente da Generalitat.

parlament catalunya

O Tribunal Constitucional non sorprendeu e tal e como se agardaba suspendeu cautelarmente e por unanimidade a reforma do regulamento aprobada a pasada semana polo Parlament. O TC advirte os integrantes da Mesa das eventuais responsabilidades, tamén as penais, se non acatan esta decisión. O Constitucional admitiu a trámite o recurso de inconstitucionalidade presentado polo goberno español contra esa reforma do regulamento, unha reforma que procura axilizar o que se coñece como ‘desconexión’.

Horas antes de se coñecer a decisión, o vicepresident da Generalitat, Oriol Junqueras, afirmaba nunha entrevista nunha radio que o TC “non está formado por xuíces de carreira senón pr militantes do partido que goberna, que é quen os nomea”, polo que quen suspende leis acaba sendo o goberno. A respecto da reforma do regulamento do Parlament, Junqueras dixo que estaba pensaba para “o bo funcionamento de Catalunya” e remarcou que “non pasa nada por aprobar as cousas por lectura única”, engadindo que “xa o goberno español aprobou a Constitución así”. “Resulta que todo o que aproba o Parlament é ilegal, e o mesmo noutros lugares é legal”.

Comentarios