O Consello Político de EU amosa a súa disconformidade con Beiras

O máximo órgano de dirección de EU  ratificou o expediente sancionador aberto a Carmen Iglesias. Aliás, acordou aceptar á de Ourense no grupo parlamentar de AGE mais, como "unha persoa independente" e "allea". No medio da crise aberta na coligación, o Consello Político de EU reafirmou a súa vontade de afortalar AGE.

Esquerda Unida
photo_camera Consello Político de Esquerda Unida

O Consello Político de Esquerda Unida quixo dar por concluída esta quinta feira (18 de decemebro) a crise iniciada no seo do grupo parlamentar após a demisión de David Fernández Calviño. Neste senso, ratificou o expediente sancionador aberto a Carmen Iglesias a quen expulsará da organización por incumprimento dos acordos alcanzados con Anova e os propios Estatutos. 

No entanto, a xa deputada por Ourense entrará como parlamentar no grupo político que AGE ten na Cámara após decidir o seu portavoz, Xosé Manuel Beiras, que apoiaría a súa incorporación se así o solicitar. Neste senso, o Consello Político de EU amosou a súa "disconformidade" coa decisión "manifestada no seu momento polo voceiro do grupo", un malestar que, din, "non é exclusiva de EU". 

Porén, o máximo órgano político asegurou que "non fará un elemento de ruptura" do proxecto político que representa AGE e reafirma a súa vontade por continuar a afortalar a coligación, mesmo, sinalan, con "actos públicos" para o "afianzar" na sociedade.

Esta declaración prodúcese no medio da crise aberta en Anova que tería xerado unha fenda entre a propia militancia a respeito da súa relación co coligación. Dunha banda, aquel@s que pulan por re-editar a experiencia de AGE en vindeiros procesos electorais ou mesmo dar un maior contido ao mesmo; e doutra, aquela militancia que aposta por manter a imaxe propia de Anova e determinar en cada circunstancias se convén ou non recuncar na súa alianza coa esquerda española. 

Comentarios