O Consello da Xunta aproba o decreto que deixa sen efecto as eleccións do 5 de abril

O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).
photo_camera O presidente galego, Alberto Núñez Feixoo (Xunta).

O Consello da Xunta aprobou esta cuarta feira o decreto que deixa sen efecto as eleccións galegas convocadas para o 5 de abril e que implica a apertura dunha nova convocatoria cando se levante o estado de alarma.

Diso informou o presidente da Xunta, Núñez Feiixoo, nunha rolda de prensa posterior á reunión do seu Goberno, que nesta xornada citouse no Centro Integral de Atención ás Emerxencias da Estrada.

Na súa intervención, Feixoo explicou que o documento aprobado reflicte o acordo alcanzado polos representantes das principais formacións políticas galegas nas reunións mantidas esta semana.

"Eramos conscientes de que a realización das eleccións era completamente inviábel", sinalou o máximo mandatario galego, que detallou que o decreto será publicado na xornada desta cuarta feira no Diario Oficial de Galiza (DOG) para ser posteriormente remitido ao Boletín Oficial do Estado (BOE).

A xunta electoral avalou esta cuarta a suspensión do proceso electoral, como pactaron as principais forzas políticas, e sinala que a decisión de que non se realicen pódese "adoptar polo presidente da Xunta" á vista do estado de emerxencia sanitaria declarada.

Comentarios