Conde Roa non pisará a cadea malia ser condenado por delito fiscal

O ex-alcalde de Compostela foi condenado a 2 anos de prisión e unha multa de 582.000 euros por un non pagar 291.000 euros de IVE da venda de vivendas dunha inmobiliaria.

Conde Roa e Núñez Feijóo
photo_camera Conde Roa e Núñez Feijóo

O ex-alcalde de Compostela, Conde Roa, non irá a prisión. Foi condenado a 2 anos de cadea ao ser considerado pola xustiza como o autor dun delito fiscal por non pagar 291.289 euros do IVE correspondente a unha venda de vivendas por parte da inmobiliaria da que era administrador único.

A setenza do Xulago do Penal nº1 de Compostela tamén lle impón unha multa de 582.000 euros, que é o duplo do defraudado. No fallo xudicial tamén se lle inhabilita para exercer como cargo público durante eses dous anos, aliás de 5 anos para non poder exercer en actividades a ver co sector inmobiliario.

Comentarios