Esta quinta feira en Compostela

Concerto en solidariedade co mozo Emilio Cao

O mozo Emilio Cao enfróntase a unha petición fiscal de cinco anos e oito meses de cadea despois de participar, en 2014, nas Marchas de Dignidade en Madrid. Catro artistas e grupos galegos ofrecen esta quinta feira 15 de marzo, na Sala Malatesta de Santiago de Compostela, un “concerto benéfico” no seu apoio.
 

emilio cao
photo_camera Protesta en solidariedade con Emilio Cao.

O pop globalista de Ataque Escampe, o indie pop de Atrás Tigre, a inclasificábel canción de autor mutante de O Leo i Arremecághona e mais o hip hop de combate de Rebeliom do Inframundo prestarán a súa música á causa de Emilio Cao, militante de Anova-Irmandade Nacionalista. As entradas poden adquirirse por dez euros en diversos establecementos da capital: Avante, Brooklyn, Caldereiría e Raíces Galegas.

O día anterior, cuarta feira, na Libraría Couceiro tamén de Compostela, as escritoras Marilar Aleixandre -tamén membro da Real Academia Galega- e Suso de Toro presentarán o Manifesto pola libre absolución de Emilio Cao.

Comentarios