MUNICIPAL

O concello de Santiago gasta 150.000 euros en alugar oito coches oficiais

O uso destes vehículos, que sempre foron criticados polo PP, estará destinado a varios departamentos. O goberno local tamén aprobou construír 2.200 vivendas.

Currás na conferencia de prensa
photo_camera Currás na conferencia de prensa

Chegou o PP de Núñez Feijóo ao poder en Galiza montado sobre propostas de austeridade que, por exemplo, converteron o uso de coches oficiais no exemplo máis claro de despilfarro. Volveuse usar esa táctica nas municipais, onde mesmo algún alcalde popular tomou o bastón anunciando que renunciaba ao uso do vehículo do concello, unha medida con certo aire populista e que en moitos casos nunca levaron a efecto de xeito real.

No entanto, malia estes precedentes, o goberno local de Santiago vén de aprobar gastarse 151.728 euros no aluguer de oito coches oficiais para diversos departamentos, un número importante en vista do tamaño do Concello compostelán. A medida será para catro anos.

Ademais, o goberno do PP que preside Ángel Currás en substitución de Conde Roa tamén aprobou -malia ter estoupado a burbulla inmobiliaria- a construción de 2.200 vivendas, a maioría na Agra dos Campos e outras no Monte do Gozo.

Comentarios