O Concello de Pontevedra expedienta concesionaria de lixo por non colaborar no "esclarecemento" de presuntos "enchufes"

Pontevedra
photo_camera Pontevedra

O Concello de Pontevedra abriu dous expedientes sancionadores á empresa Cespa, concesionaria do servizo de recollida de lixo, por non colaborar coa investigación aberta polo Goberno local parar aclarar as contratacións presuntamente irregulares realizadas pola firma na cidade.

As informacións recollidas por varios medios de comunicación sobre posíbeis enchufes de Cespa levaron a crear unha comisión de investigación. Comisión que vén de se fechar coa apertura de dous expedientes por “incomparecencia” a esta empresa.

Raimundo González, portavoz do goberno pontevedrés, explicou, segundo recolle Pontevedra Viva, que o Concello abriu a comisión de investigación porque quería "clarificar os feitos" e tentouno por todos os medios posibles, pero atopouse con todo tipo de trabas por parte da empresa. 

comentarios