DÍA DA PATRIA GALEGA 2015

Un 25 de Xullo que quer facer historia

Unha mobilización unitaria que se prevé multitudinaria percorrerá este sábado as rúas de Compostela após unha faixa co lema 'A Nación galega' levada por "xente do común".

manifestación, bandeira, soberanía

Un 25 de xullo especial, cunha manifestación unitaria para reivindicar 'A Nación galega', a palabra de orde que irá na faixa que abrirá a marcha que sairá ás 12:00 horas da Alameda de Compostela. O chamamento feito por un grupo promotor e concretado no 'Manifesto pola Unidade' - camiño das 1.500 sinaturas- callou na convocatoria deste 25X, incidindo no protagonismo da xente e coas organizacións políticas e colectivos apoiando e sumando. Un 25X para reivindicar o verso de Celso Emilio Ferreiro "Común temos a Patria" e que partillan organizacións políticas, sindicatis, entidades culturais, asociacións veciñais e deportivas... "Co manifesto queremos, por dicilo así, que non sexan simplemente as siglas as que veñan, senón as persoas, convocadas como cidadás galegas", dixo a Sermos Galiza a escritora Rosa Aneiros, unha das asinantes do manifesto 'Pola Unidade'.

A manifestación deixará ás 12:00 horas a Alameda para percorrer varias rúas do Ensacnche compostelá antes de entrar na emblemática zona vella da capital de Galiza e rematar na Praza da Quintana. Durante o percorrido, haberá relevos para portar a faixa principal por parte de 'cicadáns a pé'. Na Quintana haberá actuacións musicais: Uxía, Mercedes Peón, Alba María e Lidia Botana. E Alba Cuba, Valentín García Bóveda, Patricia de Lorenzo e Federico Pérez Rei serán as persoas que lean o manifesto nun acto que contará co artista Xurxo Souto como mestre de cerimonias.

Festigal

Día grande no Festigal, con actividades ao longo de toda a xornada. Conferencias, conmvoviio, música, lecer.... O Café Concerto iniciarase coa maxia do Mago Antón, despois Isabel Risco e Marián Bañobre van dinamizar a festa co espectáculo “O Furancho”, para seguir co folk de Carapaus co último disco “Déixao andar”; co rock de Familia Caamagno e con Superoito. Mais durante tyoda a xornada decorrerán diferentes actos, quer políticos, quer culturais ou quer sociais. Unha programación completa a coñecer na web.

BNG

O BNG, apostando no espíritu da convocatoria unitaria, optou por ceder todo protagonismo á mobilización conxunta, polo que non realizará un acto político en senso estricto. Si que haberá o tradicional xantar na Carballeira do Campus Sur, unha cita na que ano tras ano reúnense milleiros de nacionalistas. 

Anova

As 14:00 horas, e baixo o lema "Autodeterminación cara á independencia", terá lugar o acto político de Anova-IN no Parque de Bonaval, formación que deu liberdade á militancia para se sumar á marcha unitaria. No dito acto farán intervencións, entre outros, Davide Rodríguez (alcalde de Manzaneda) e Xosé Manuel Beiras (portavoz nacional de Anova).Posteriormente o día continuará cun convivio en irmandade e música a cargo de Arremecághona's Produçións.

Compromiso

Co  lema “Facendo Camiño. Facendo País”, Compromiso terá un acto político en Belvís que comezará ás 14.30 horase que contará coa presenza da eurodeputada Izaskun Bilbao, “para seguir a tecer complicidades de cara a visibilizar o noso traballo no Parlamento Europeo”. Logo do acto político, realizarase un xantar entre militantes e simpatizantes, con música, xogos tradicionais, e un encontro de fútbol gaélico. De igual xeito, haberá postos de artesanía.

Independentismo

A II Romería Popular de Causa Galiza decorrerá no Parque Lasalle a partir das 14:00 horas, perto do Centro Galego de Arte Contemporánera. Xantar popular, xogos para crainzas, xogos tradicionais e música. 

Comentarios