En Común quer representar a Galiza que demanda “un cambio real”

A candidatura da confluencia de Podemos, Esquerda Unida e Equo presentou en Compostela a candidatura ás eleccións do 28A.

EN COMUN PODEMOS

Antón Gómez-Reino (A Coruña), Yolanda Díaz (Pontevedra), Ledicia Piñeiro (Ourense) e Vanessa Somoza (Lugo) son os cabeza de lista de En Común-Unidas Podemos polas circunscricións galegas ao Congreso nas eleccións xerais do 28A. As catro compareceron esta segunda feira en Compostela na presentación da candidatura da confluencia formada por Podemos, Esquerda Unida e Equo, e da que se desmarcou Anova.

A candidatura presentouse como defensora dunha proposta feminista, ecoloxista e que defende o social. “Se queremos un cambio real, precisamos xente que o defenda”, manifestou Vanessa Somoza, de Esquerda Unida. Yolanda Díaz afirmou que “non se pode construír un novo tempo político sen Galiza e sen defender os nosos sectores produtivos”. Gómez-Reino defendeu o traballo desenvolvido nesta lexislatura pasada por En Marea na Cámara española, confiando en que a xente valore ese labor e vexan en En Común a aposta pore se compromiso. 

En Común desbotou falar sobre "o pasado" en referencia á división no espazo político que hai catro anos concorreu aglutinado e que hoxe en día vai en duas candidaturas diferentes (En Marea e En Común) e unha ausencia (Anova apostou en non presentarse a estes comicios). 

Comentarios