Común da Esquerda pide ao PP “explicación” polo “sobrecusto de 438 millóns no AVE”

As deputadas do Grupo Común da Esquerda Ánxeles Cuña e Luca Chao (Nós Diario).
photo_camera As deputadas do Grupo Común da Esquerda Ánxeles Cuña e Luca Chao (Nós Diario).

Luca Chao, unha das portavoces do Grupo Común da Esquerda, afirmou que ao seu grupo "lle avergoñaba" o informe do Tribunal de Contas que se fixo público a pasada semana e que apontaba a que Adif paralizara as obras do AVE galego en 2016 e 2017 de forma irregular “e mesmo, nalgúns casos, contrario á Lei”.

Segundo este informe, indicou Chao, tales decisións irregulares foron tomadas “de forma incoherente por falta de planificación e de coordinación entre as Administracións, e provocaron sobrecustos nas obras e reclamacións dos contratistas por valor de 438 millóns de euros”.

"Eses 438 millóns de euros son os que temos que pagar pola mala xestión que fixo o PP do AVE galego. Curiosamente, o Goberno galego non di nada, a pesar de que foi o PP, con Ana Pastor primeiro e Íñigo Gómez de la Senra despois como ministros de Fomento, o responsable dos retrasos e incumprimentos que provocaron estes sobrecustos", denunciou Luca Chao..

Outras demandas relacionadas coas infraestruturas ferroviarias que Luca Chao puxo riba da mesa foron a urxencia do compromiso cos trens de proximidade, "imprescindíbeis para a mobilidade sostíbel", ou a situación do proxecto de intermodal de Ourense.

Comentarios