Común da Esquerda pide frear 'o discurso do odio'

A portavoz do Grupo Común da Esquerda, Luca Chao, esixe formar unha alternativa progresista que free ‘o discurso do odio’ de Vox.

Luca Chao, viceportavoz do Grupo Común da Esquerda
photo_camera Luca Chao

O ascenso de Vox non deixa indiferente a ningún partido. Para as integrantes do Grupo Común da Esquerda, a suba de escaños da formación de Santiago Abascal obriga a formar unha alternativa progresista para frear o seu «discurso do odio».

Segundo a súa portavoz, Luca Chao, os resultados desta formación deben ser «a primeira alerta para todas as demócratas». Son, na súa opinión, consecuencia da «negativa a formar un Goberno de esquerdas» por parte do presidente Pedro Sánchez.

Para unha das portavoces do Grupo Común da Esquerda, os resultados das eleccións do 10 de novembro evidencian que «os números permiten un goberno progresista que coloca o noso espazo político (En Común-Unidas Podemos) no centro, como espazo necesario imprescindible no bloque da esquerda», que serviría para frear «á extrema dereita».

Oportunidade na Galiza

En rolda de prensa, Luca Chao subliñou que no caso da Galiza «por segunda vez nun ano, Feijóo perde a maioría absoluta», e destacou que o bloque progresista consegue «case 300.000 votos máis que o PP».

«Temos un espazo consolidado, obrigado a articular unha alternativa política», recalcou a portavoz, para quen non hai «tempo que perder» ante a «lexislatura perdida» do mandato do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo.

Comentarios