Compromiso x Galicia propón reducir soldos e gastos no Parlamento no canto de recortar escanos

Unha delegación da formación acudiu ao Parlamento galego, onde rexistrou as súas achegas ao debate da redución de deputad@s

CxG aposta por unha redución de salarios e non unha redución de deputad@s. Eis o cerne da proposta que a formación galeguista presentou no rexistro do Parlamento da Galiza "para aforrar recursos públicos", no canto “dunha reforma inxusta da actual Lei que regula as Eleccións ao Parlamento de Galicia”, apuntou Xoán Báscuas, coordinador xeral de CxG.

Báscuas afirmou que reducir o número de escanos do Parlamento de Galiza, dos 75 actuais a 61, “reduce a proporcionalidade entras as circunscricións, e dificulta a expresión parlamentaria da pluralidade política existente entre a sociedade galega”, polo que CxG maniféstase "totalmente en contra deste iniciativa”.

Alternativa

No escrito presentado no rexistro da Cámara do Hórreo proponse unha redución do salario (soldos e dietas) dos deputados e deputadas do Parlamento de Galiza en 2.000 ao € mes, a redución dun 25% das subvencións aos distintos grupos parlamentares, tanto para funcionamento interno, como para contratación de persoal de confianza e a redución dun 30% da partida orzamentario de gasto corrente. Segundo Báscuas, estas tres medidas significarían un aforro mensual de 330.000 euros e non utilizar a excusa da austeridade para “mermar a pluralidade e a calidade democráctica”.

Comentarios