Compromiso reivindica para si propio o espazo do galeguismo

Compromiso por Galicia conmemorou o Día da Patria Galega cun acto público no parque compostelán Eugenio Granell. Música, xantar popular e intervencións políticas constituíron a actividade do partido liderado por Xoán Bascuas este 25 de Xullo.

Xoán Bascuas,en primeiro termo
photo_camera Xoán Bascuas,en primeiro termo

Na súa intervención no acto político de Compromiso polo Día da Patria, o secretario xeral da organización, Xoán Bascuas, reclamou o espazo do galeguismo para o partido diante dun PP que ten “ocupado o galeguismo en fraude de lei”. Bascuas, que chamou a desenmascarar o PP, tamén cargou contra o PSOE: “na Galiza non hai PSdeG, senón PSOE”.

Nunha nota de imprensa, Bascuas apelou á necesidade dunha “forza propia” e sen dependencias” e salientou que “o galeguismo está só en Compromiso e en ningún lugar máis”. O candidato á presidencia da Xunta insistiu na súa intervención en que CXG obterá representación no Parlamento galego, algo no que fixeron fincapé as outras persoas que tomaron a palabra, os candidatos Juan Carlos Piñeiro (Lugo), Xosé Mosquera (Ourense) e Andrés Núñez (Pontevedra), así como Anabel Pereira, da Mocidade Nacionalista Galega.

Protagonismo do PNV

No acto de Compromiso, que foi presentado por María Xosé Alfonso, alcaldesa de Muros, desenvolveu un papel relevante Aitor Esteban, portavoz do PNV no Parlamento español, quen salientou a “relación especial” entre a formación galeguista e o partido vasco. “Compromiso é o noso aliado e amigo en Galicia e estou seguro de que así vai ser no futuro”.

Comentarios