A Executiva de CxG reuniuse por primeira vez para avaliar o desenvolvemento do proxecto

Avoga por "dar o seu tempo" ao Novo Proxecto Común mais agarda unha confluencia "no menor tempo posíbel"
Unha asemblea do NPC. Foto: Encontro Irmandiño
photo_camera Unha asemblea do NPC. Foto: Encontro Irmandiño

A Executiva de Compromiso por Galicia vén de celebrar a súa primeira xuntanza, na cal os representantes de Máis Galiza, Acción Galega e Espazo Ecosocialista analizaron no desenvolvemento tanto de CxG como do Novo Proxecto Común (NPC).

Nesta primeira toma de contacto, déronse conta dos avances organizativos en todas as comarcas e localidades do País, de cara a expresar “a
vocación unitaria” das partes.

Do mesmo xeito, os e as membros do órgano de dirección acordaron a celebración de sete grandes actos abertos á participación nos cales “se debatan os esqueletes políticos e programáticos”, onde, segundo Xoán Bascuas, “a cidadanía exprese as súas demandas e
aportacións de cara a enriquecelos e complementalos”.

Na xuntanza avaliouse positivamente o proceso de integración de Compromiso x Galicia, “onde xente de diversas procedencias políticas, organizativas e vitais e cun procedemento moi participativo, puxemos o pais por diante”. Na cuestións da axenda política actual, no que se refire aos datos de desemprego feitos públicos recentemente, dende Compromiso insístese en “que se segue medrando con respecto á media do Estado, sendo preciso unha política de incentivo económico para crear emprego e abandonar dunha vez por todas unha política de austeridade que nos está a levar ao abismo”.

Novo Proxecto Común

Con respecto ao proceso denominado do Novo Proxecto Común, onde participa o Encontro Irmandiño, Compromiso “respeta os seus tempos”, e agardan “no menor tempo posible poder confluír para ofertarlle á cidadanía unha proposta conxunta nacionalista, galeguista e progresista”.

Comentarios