Compromiso empraza a BNG e Anova a unha candidatura unitaria para as europeas

A organización galeguista cre necesario que Galiza“teña voz propia en Europa e sen intermediarios”

Xoán Bascuas
photo_camera Xoán Bascuas

Xoán Bascuas, secretario-xeral de Composmisopor Galicia (CxG) considera que o máis acaído de cara ás eleccións europeas é unha candidatura galega, “colocando os intereses de país por riba dos propios”.

Desde CxG emprázase a BNG e Anova a se pronunciar e dar pasos a este respecto. Iso si, desde esta formación adiantan o seu convencemento de que esa canditarua debe de ser construñida en base a tres puntos: construción dunha Europa máis democrática e solidaria, a defensa do autogoberno de Galiza e o abandono das políticas de austeridade. “Neste contexto esta candidatura non só é boa, senón que é vital”, apunta Bascuas.

Cuestións

O responsñabel de CXG pregunta se o BNG aposta por unha candidatura galega ou ben “tralas informacións saídas nos últimos días nos medios de comunicación, xa descarta a candidatura de país para as eleccións europeas, da que xa houbo unha primeira toma de contacto nunha xuntanza hai varias semanas”.

O líder da organización galeguista tamén instou a Anova a que unha vez pasada a súa Asemblea Nacional, indiquen cal é a súa aposta, “se unha coalición onde o centro de gravidade sexa Madrid, ou unha aposta forte e contundente pola candidatura cos centros de decisión en Galicia”.


 

Comentarios